Miguel's profileRevolución CulturalPhotosBlogLists Tools Help

Blog


    October, 2006

    Declaracion conjunta del PCN (m) y el PCI (m)

    < Dos partidos fuertes del sur de Asia, el Partido Comunista de Nepal (Maoísta) y el Partido Comunista de la India (Maoísta), han lanzado un comunicado de prensa conjunto sobre los debates recientes entre los dos partidos el 8 de agosto de 2006. También han lanzado un comunicado que condena el ataque brutal en el Líbano. A continuación el texto íntegro de ambos comunicados: Sobre los debates recientes El Partido Comunista de Nepal (Maoísta) y el Partido Comunista de la India (Maoísta) reafirman, juntos, su compromiso firme al internacionalismo proletario, a las relaciones mutuas fraternales, sobre la base del MLM. Todas las decisiones tácticas que se toman en los países respectivos es asunto exclusivo de los partidos que trabajan ahí. Cada partido buscará aprender de las experiencias positivas del otro partido como también las experiencias de los maoístas quienes conforman el movimiento comunista internacional (MCI). En este proceso, de acuerdo a la auténtica tradición democrática del MCI, continuaremos los debates sobre problemas ideológicos, políticos y estratégicos sobres los cuales diferimos. Se celebrarán debates y discusiones de forma bilateral y a veces públicamente. Tales diferencias son inevitables, pues las luchas en la esfera de las ideas son inevitables en una sociedad de clases, que, como Engels dijo, son una manifestación de la lucha de clases en la sociedad. Últimamente un sector de los medios de comunicación ha exagerado las diferencias que los dos partidos han expresado públicamente. Le conviene a los intereses de los reaccionarios que los maoístas se dividan y se riñan continuamente. Por eso, no es sorprendente que un sector de los medios de comunicación haya exagerado las diferencias en India y Nepal. De nuevo, los dos partidos reafirman su firme unidad según el espíritu del internacionalismo proletario y continuarán los debates y discusiones constructivos sobre asuntos sobre los cuales diferimos. Sobre el Líbano El PCN (Maoísta) y PCI (Maoísta), juntos, condenan el vil ataque del régimen israelí respaldado por Estados Unidos contra el pueblo libanés. Bajo el pretexto de atacar la resistencia de la guerrilla, han recurrido a la matanza en masa de aproximadamente mil personas y el desplazamiento del 25% de la población del Líbano. El régimen genocida sionista, como punto de lanza del imperialismo yanqui, se desboca cada día más en el mundo, y ésta es otra aventura más contra un país independiente. Inconformes con su empantanamiento en Irak y Afganistán, los esbirros de los yanquis se están tropezando con una fuerte resistencia en el Líbano. El ataque contra el Líbano está preñado de grandes peligros porque las fuerzas que luchan ahí cuentan con el fuerte apoyo de Siria e Irán. Si se intensifica la guerra, puede arrasar todo el occidente de Asia. En el sur de Asia los imperialistas yanquis intervienen más y más abiertamente en los países de la región. En particular en Nepal y la India , han intervenido directamente en la supresión de los movimientos maoístas. Como parte de su intervención directa, oficiales yanquis están entrenando al ERN y entrometiéndose en toda esfera de la sociedad para subvertir el movimiento antimonárquico en marcha. En la India los diplomáticos yanquis han ido abiertamente a Chhatisgargh y el campamento de guerra selvática del ejército como parte de su plan de reprimir a los maoístas. Nosotros, los partidos maoístas de Nepal y la India , condenamos fuertemente la franca agresión contra el Líbano y pedimos la retirada inmediata de todas las tropas israelíes y un fin al bombardeo de blancos civiles por los sionistas. Los dos partidos también piden el fin inmediato de la interferencia estadounidense en los asuntos internos de Nepal y la India y los demás países del sur de Asia. Azad Satya Vocero PCI (Maoísta) Miembro Comité Central PCN (Maoísta) 8 de agosto de 2006 DIV>

    Octubro Vermello

    Ben, despois de ter paralizado este espacio de informacion e debate por diversas razons, penso que é bo retomalo en Octubro, mes mitico no calendario revolucionario.
    Hai moitos temas que tratar; estan os escritos do MAI donde reitera sua liña ultra-esquerdista de ataques ao PCN (m), o tema da celebracion do 40 aniversario da Grande Revolucion Cultural Proletaria, o novo aniversario da Revolucion de Octubro, o aniversario dos derradeiros fusilamentos do franquismo, a vergoñenta Ley da Memoria Historica, as loitas obreiras na Galiza... 
    Penso facelo por este orde:
    O MAI e sua forma de entender a loita de liñas e seu leninismo a carta.
    O primeiro agredecerle a estes compañeiros seu interes polo meu comentario critico, alegrome, francamente, que non les resultara de seu agrado, mais tamen sinto que non les dera para reflexionar sobre seus erros, parece que non os teñan e de certo que non os ven.
    A destruccion causada polo revisionismo no movemento comunista internacional, dende os tempos de Lenine ata o golpe contra-revolucionario na Republica Popular China, no 1976, ten creado unha grande confusion e mesmo levado ao movemento comunista internacional a sua practica desaparicion ata comenzo dos 80.
    Unha importante conclusion é a que o revisionimo ten como minimo dous traxes; un dereitista, social-democrata, reformista, ecleptico e outro esquerdista de moitos tonos de intenso vermello, purista, dogmatico e polo tanto anti-dilalectico polo mesmo anti-marxista. En xeral presentanse mesturados, a chaqueta dunha cor e a camisa de outro. Os grandes do marxismo xa os teñen denunciado.
    Do primeiro tipo son hoxe os que confunden e mesturan as loitas anti-imperialistas, Venezuela, Cuba, Libano, Irak coa vanguardia revolucionaria, facendo gala dun burdo eclepticismo interclasista. Os restos dos revisionistas clasicos nutren suas filas  
    Do segundo, do que moito deben do arsenal dogmato-revisionista albanes e mais do trotskismo, fan seus analises internacionaes en abtracto. Se esquencen do Lenine "do analise concreto da situacion concreta". Gostan de moitas e autorizadas citas, mais certamente practican un leninismo a carta,... esto si, esto non.
     
    Dende o inicio da guerra popular no Perú, luminoso sendeiro trazado polo PCP e o Presidente Gonzalo, a constitucion do Movemento Revolucionario Internacionalista nos 80, o movemento comunista internacional comenza a sua recuperacion, a sua reconstitucion, con ofensivas tanto teoricas como practicas unidas amba-las duas ao marxismo-leninismo e a sua nova e superior etapa; o maoísmo. Con avances e retrocesos, con exitos e fracasos, co erros, tanto de dereita como de esquerda, mesmo coa aparicion de liñas oportunistas e polo tanto Loita de Liñas.
    A Loita de liñas é a categoria superior de loita que pode darse no seo das organizacions comunistas, non son erros oportunistas que poden ser correxido coa critica e a autocritica, é a loita que enfronta a liña proletaria coa liña burguesa. polo mesmo antagonica, non é unha loita no seo do povo.
    Calificar de loita de liñas calquer critica ou opinión amosa a dificultade de comprension do metodo de analise das contradicciones da dilectica, do caracter das mesmas. É moi caracteristico do pensamento mecanicista e dogmatico a mestura das mesmas e caracterizar como antagonica calquer contradiccion ou desacordo. Este proceder despois da morte de Lenine deu orixe a moitos erros. Ten demostrado que non salva ao paciente.
     
    Os compañeiros do MAI califican poposamente suas criticas al PCN (m) de loita de liñas polo que se entende situan ao mesmo no terreo do enimigo.
    É correcto tal proceder?
    Non, pero eles estan dispostos a dar leccions, nunca a recibilas.
    Actuan como comunistas? como M-L?
    Non, actuan coa prepotencia carcteristica de los escolasticos. Como metafisicos; Lo Bueno/Lo Malo
     
    Mais volvamos ao proceso revolucionario no Nepal para recordar que o PCN (m) baixo a direccion do Presidente Prachanda ten a responsabilidade de resolver as contradiccions do proceso revolucionario  de Nova Democracia no Nepal (definida nos seus analises é non en declaracions de prensa) e polo tanto definir as tacticas necesarias para o mesmo. O analise polo miudo só podese facer co rigor cientifico do marxismo dende ali dende o propio Nepal.
    Na Revolucion de Octubro foron moitas as loitas tacticas, mesmo compromisos coa burguesia e o imperialismo ao que chegaron os bolcheviques, dun xeito puntual e tactico, compromisos moitas veces dificiles de aturar, como a Paz de Brest-Litov. Si, mais non por elo abandonouse a revolucion, ainda que os sectores oportunistas de "esquerda" os calificaran de traizon. Mesmo previo a toma do poder xurderon contradiccions no seo do Comité Central bolchevique, Lenin tivo que loitar en minoria fronte as vacilacions dun amplio sector de seus compañeiros. Son contradicions que xurden no transcurso da loita de clases e que é responsabilidade dos revolucionarios que estan no terreo os que teñen que resolvelas, pois son eles os que manexan os datos directos. Eles son os principaes actores. Eso non significa que os demais revolucionarios do mundo non nos preocupemos polo desenrolo dos acontencimentos, neste caso, da revolucion no Nepal, que forma parte da Revolucion Proletaria Mundial (o MRI e suas organizacions respaldan e apoian ao PCN (m)) mais si queremos ser serios e non "sabelotodos" temos que evitar caer na precipitacion infantilista e investigar con rigor e humildade para aprender (coller) a realidade e non falar sobre revolucions en asbtracto.Aplicar a dialectica e non a metafisica. 
    O PCI (m) ten criticado na sua revista People March certas declaracions do Presidente Prachada referidas a Democracia. Amba-las duas organizacions manteñen guerras populares, fan parte dun organismo de coordinacion das loitas en Asia e teñen acordado recentemente debatir seriamente estas cuestions para evitar malos entedidos. Actuando como camaradas e non como enemigos. Eso é un proceder correcto no manexo das contradiccions no seo do povo.
    Os compañeiros do MAI non actuan deste xeito, deben correxir seus erros, actuar con valentia e abandonar a escolastica dogmatica y practicar o verdadeiro internacionalismo.
    July, 2006

    Tamen en xullo

    Nestes dias de xullo temos moitos temas por tratar tanto a nivel da Galiza como do mundo mundial.
    Os despidos dos traballadores das subcontratas de Navantia-Ferrol son unha destas novas hoxe ou a convocatoria de folga en Atento empresa de telemarkquetin a nivel do Estado que na Coruña ten un importante numero de traballadoras/es.
    Tamen temos o noso particular culebron do Estatuto, eso si ! a porta fechada, como corresponde a unha democracia formal e monarquica.
     
    Temen tivemos o 11 de xullo o 60 cabodano do asasinato do xove comunista da Coruña Manuel Bello Parga. Detido despois da execucion do recoñecido asasino feixista Arcadio Videla Garate, periodista e membro do escuadron da morte Caballeros de La Coruña, foi condeado a morte e executado na cadea de A Coruña no ano 1946.
    Os camaradas do Comité de Loita "Popular Manolo Bello Parga" fixeron un acto de homenaxe no Atreú. Foi silenciado pola prensa democratica burguesa, heredeira dos Videla Garate e outros esbirros de armas ou de plumas estilograficas. Os que hoxe tratan de negar a historia de seus crimens contra o povo, despois de anos de embustes e xustificacions.
    Non é tarefa facil barrer tanto lixo, son moitos anos enganos e complices silencios.
     
    Tamen os compañeiros do PCE (r) recordaron a catro dos seus camaradas asasinados en Girona, fai 25 anos, xa en plena restauracion borbonica, todos mozos, dous de eles da tamen da Coruña, Albino Gabriel Lopez e Roberto Liñeira Oliveira. Dolores Castro e Antonio Cabezas foron os outros combatentes dos GRAPO.
    Hai un texto do camarada Mao "Servir ao povo" no que di que todos temos que morer, mais quen morre polos intereses do povo  ten tanto peso como unha montaña mais os que morren polos explotadores apenas pesan unha pluma.
    Sempre que penso nos nosos mortos, os do povo, recodo o texto do Presidente Mao.
     
    Tamen estamos vendo imaxes de nenos mortos e feridos polas represalias dos sionistas en Gaza ou Libano. Unha vez mais o silencio complice coa barbarie sionista. Mais temprano que tarde eses asasinos seran xusgados polos povos como en Nuremberg foron os feixistas alemans.
     
    Continuara....
    July, 2006

    Solidariedade co pvo palestino

    Na cidade de A Coruña, tera lugaru unha concentracion cidada en solidariedade co povo palestino e de rexeitamento das accions terroristas do rexime sionista israeli.
    Sera o venres 7 as 8:00 Pm. no Obelisco
    May, 2006

    A Grande Revolucion Cultural Proletaria

    Ainda que a data exacta e dificil de definir, este ano cumprense 40 anos do comenzo na China popular do que é sen dubida un dos feitos mais decisivos do avance na que a ideoloxia de liberacion do proletariado.
    Coa publicacion da "Decision do Comité Central do PCCH acerca da Gran Revolucion Cultural Proletaria" popularmente coñecida como a declaracion dos 16 puntos, o Partido Comunista de China e o Grupo Encargado da Revolución Cultural definen os obxetivos da mesma chamando a aplicar en todos os campos e dun xeito creativo o Marxismo-Leninismo-Pensamento Mao Tse-Tung.
    Non é casual que aparezan neste ano textos o biografias do Presidente Mao como a da renegada dos cisnes salvaxes e seu marido ingles. O mamotreto ten tan escasa calidade que a propia critica burguesa descalifica esta maniobra de intoxicacion.
    Continuara....
    May, 2006

    Dias de maio

    Estes dias de maio presentanse intensos en feitos ou recordos. Na Galiza unha folga no metal de Vigo recordanos que a loita de clases existe, que o paraiso democratico burgues dificilmente pode traizoar seu ser, a explotacion do home polo home e que sin loita a clase obreira e demais traballadores non acadan mais que derrotas.
    Loita a morte como a levada a cabo contra o nazi-feixismo na segunda gran guerra imperialista que remataba, alomenos en Europa, o 8 de maio de 1945.
    Son hoxe poucos os comentarios da prensa burguesa. Non conven recordar, é moi incomodo que fora a URSS de Stalin a que ganara a primeira potencia imperialista mundial, o III Reich de Hitler, nun combate frontal en todos os ordes, politico, militar e tecnoloxico... a pesar de Spilberg e seu soldado Ryan, da glorificacion de Normandia foi en Berlin, na sua cruenta batalla donde o glorioso exercito sovietico acadou a victoria.
    E para rematar o 1º de Maio nos EE.UU. no que os traballadores ilegais ( mais ben sen dereitos) percorreron as ruas honrando a memoria dos martires de Chicago e recordando tamen a existencia da loita de clases nas entañas do mounstro.
    Saudos vermellos
    May, 2006

    Represión policial en Vigo

    Hoxe toca falar, co indigancion, do brutal ataque aos traballadores do metal de Vigo por parte de elementos das forzas represivas. Os feitos estan a ser recollidos nos noticieiros da Galiza e do Estado. Cando a clase obreira organizase e reclama seus dereitos os "democratas" chaman a forzas de "orde," do orde burgues de explotacion e precariedade, do orde da carestia e do litro de aceite de oliva a 6 €, claro que como decia a compañeira Suevia nos queda o aceite de colza.
    Todo esto leva a plantexar que hai moitas razons para rebelarse frente a tanta opresion e arrogancia burguesa.
    Son moitas as loitas que dun xeito non coordinado estanse a dar na nosa terra, penso que estaria ben organizar unha xornada de folga xeral na Galiza, frente a patronal e seu goberno, que siga o magnifico exemplo dos traballadores franceses e abandonando esa senda de traizon e esclavitude dos chamados "pactos sociaes"
     
    CONTRA A PRECARIEDADE E A CARESTIA DA VIDA ; FOLGA XERAL !
    May, 2006

    Nepal; nueva situacion, nuevos retos.

    Sinto estes dias non ter actualizado o espacio mais  tiña o ordenador averiado.
     
    Despois de casi 19 dias de folga xeral, en Kathmandu e outras importantes cidades do Nepal, o rei feudal tivo que aceptar sua derrota e deixar o goberno en mans da coalicion de sete partidos que co apoio dos maoístas lanzaran a convocatoria da folga xeral.
    A movilizacion das masas populares acadou unhas dimensions que estiveron a piques de afundir dun só golpe o feudalismo e seu Estado, mais a intervencion do goberno indú coa visita de seu representante o Dr. Sing  e a vacilante direccion dos sete partidos burgueses o impediron.
    O Partido Comunista do Nepal (maoísta) acuso de traizoar os anelos do povo e de non cumplir o acordo dos 12 puntos aos partidos burgueses mais declarou unha nova tregua de tres meses para facilitar a convocatoria dunha Asemblea constituyente que proclame a Republica. O goberno provisorio ten declarado a sua vez unha tregua e retirado o calificativo de terroristas aos revolucionarios.
    Que os maoístas  controlan mais do 80% do pais ninguen o nega, mesmo un diario tan pouco sospepitoso de maoista como o ABC recoñecia nunha cronica que a coarenta kilometros da capital o territorio estaba baixo control do EPL, o que supon  unha clara ventaxa nesta nova situacion.
    As bazas que pretenden xogar os restos do antigo rexime, os partidos burgueses e o exercito feudal, pasan por tratar de recompoñer un Estado burgues democratico probablente republican. Esta é a carta das potencias imperialistas, principalmente da Union India, mais nesta partida as clases populares teñen millores cartas pois non só contan co seu partido e seu exercito se non tamen teñen visto as masas  inconsecuencia dos partidos burgueses na procura da revolución democratica.
    Por certo tamen na Galiza protestouse contra a represion feudal e en apoio a loita do povo nepali. Na Coruña o pasado dia 26 de Abril tivo lugar unha concentracion nos Cantons convocada polo Comité Galego de Solidarieidade co Nepal.
    April, 2006

    Nepal; os derradeiros momentos do Rei ?

    Dende fai duas semans as noticias que chegan de Nepal apuntan a un derrumbe da monarquia feudal.
    A decision de proclamar como indefinida a folga xeral  convocada polos partidos patrioticos co apoio do Partido Comunista do Nepal (maoísta), en medio dunha feroz represion, esta a crear un escenario que fai imposible unha saida na que a monarquia feudal poda sobrevivir.
    Nas principais cidades e mais a capital levan hoxe trece dias dunha folga que ten paralizada a a producccion e o transporte, con un amplio, e moitas veces rebasado, despliege das forzas represivas da dictadura feudal que teñen asasinado a seis manifestantes en diversas localidades.
    Nesta situacion e despois de importantes victorias o Exercito Popular de Liberación manten unha tragua no val de Kathmandu e unha forte presion no resto do pais. O derribo dun helicoptero de combate Mi-17, coa morte de todo-los seus ocupantes, supuso un forte golpe ao exercito feudal que basea sua extratexia nestes medio aereos para atacar as zonas liberadas. En medio dunha creciente descomposicion da monarquia o EPL e o PCN (m) mateñen un perfil baixo deixando o peso da loita nas cidades as organizacions de masas e aos partidos, chamados patrioticos, dende o acordo de 12 puntos asinado  recentemente.
    O cerco das cidades mais importantes convinadas coa folga esta a producir a paralizacion das mesmas.
    Os imperialistas indues falan de caos, os yankees evacuan o personal..
    Por hoxe nada mais... Saudos vermellos
    April, 2006

    Francia, Nepal e a II Republica española

    Estes dias de abril xegan moitas noticias de interse, sobre as que podese falar como é o caso da retirada na France do polemico e reaccionario CPE. As mobilizacions dos traballadores e mais os estudantes impediron que a dereita impusese un contrato de semi esclavitude para a xuventude traballadora. É un gran exito pois o movemento obreiro e estudantil na europa que esta mais acostumbrado a cosechar derrotas que victorias e isto nos recorda a importancia das movilizacions e " dar a loita" como instrumento principal na loita de clases a nível economico. Nada que ver coa pasividade vendeobreiros das centrais sindicaes domesticadas a golpe de talonario ou de cursillos.
     
    E falando de loitas e movilizacions estes dias enxen os teletipos noticias da folga xeral nas principaes cidades do Nepal, folga que comenzou sendo de 4 dias e que agora é indefinida. Teñenla convocado os sete partidos patrioticos co respaldo do Partido Comunista do Nepal (maoísta) e o Exercito Popular de Liberacion.
    A represión dos manifestantes por parte da dictadura feudal ten acadado cotas de grande brutalidade, disparando contra as manifestacios e matando a mais de 4 persoas e ferindo a un importante numero manifestantes. Mais a movilizacion continua... e agora mesmo teño enriba da mesa a noticia da evacuacion da maioria do personal da embaixada yankee e xa se sabe que cando os ratos avandoan o barco é porque fundese.
     
    A celebracion este ano do 75 aniversario da proclamacion da II Republica Española é obxeto de moitos actos, pois dase nun contexto politico no que cada vez son mais as voces que cuestionan a chamada "transicion democratica" e a restauracion 
    monarquica.
    A chamada transicion foi unha noxenta traizon dos revisionistas dos carrillistas do PCE e doutras forzas populares, da loita contra a dictadura e que impunso un silencio, complice, sobre os crimens da dictadura franquista e sobre sua herencia borbonica, a cambio dunha formula democratica burguesa de dominio. Este aldraxe a memoria da gran loita contra o feixismo, da guerra civil revolucionaria  e da resistencia contra o reximen de Franco comenza a ser cuestionado publicamente ainda que sobre esta cuestion existan moitas interpretacions, como sobre a actulidade da cuestión republicana, pois coido que a loita pola republica hoxe non pode ser ao marxe da Revolucion Proletaria, se non queremos só ter o dereito de elexir, cada certo tempo, un xefe do Estado burgues.
    Sobre todo esto falarei de novo..
    Saudos vermellos.
    April, 2006

    El dogmatismo de Wang Ming

    Wang Ming seudonimo de Chen Shao-yü, non Wuang Ming como escribin no meu anterior comentario.
    Foi o Secretario xeral do PCCH e xefe do denominado grupo dos 28 Bolchevikes e 1/2 é un exemplo de como o dogmatismo eo mecanicismo disfrazado de esquerdismo puso en perigro a Revolución na China en os anos trinta.
    Abendo vivido e estudado na URSS, contando co apoio do representante da Komintern Pavel Mif se presentaban como grandes teoricos e trataron de aplicar dun xeito mecanico, esto é non dialectico, as enseñanzas da revolución en Rusia.
    Entre seus multiples erros, no eido militar negaron a necesidade dun poderoso exercito popular, os principos da guerra popular e centraronse en suicidas insurrecions urbanas. Negando na practica real a alianza obreiro-campesiña para afirmar o caracter proletario da revolucion só contaban cos obreiros das cidades, unha minoria, ainda que heroica, na China dos anos 30. Non comprendian o caracter de Nova Democracia da revolucion e pretendian xegar dun só golpe ao socialismo.
    Esta liña foi derrotada polo camarada Mao Tse-Tung en China mais a nível internacional mantivo certas plazas fortes pois certos elementos na Komintern a mantiñan en nome da "pureza bolchevique".
    Creaban unha contradiccion falsa entre o chamado "camiño de Octubre" e outras vias revolucionarias. Defendian este camiño como un cliche de "principios" cando toda estratexia militar e sempre especifica e concreta das contradicions donde dase. Ese foi o mesmo discurso de "esquerda" dos renegados Kruchovistas para atacar ao PCCH.
    Negaban a dilectica leninista do analise concreto da situacion concreta  vaciando de contido a liña militar proletaria e levandola a derrota. Este é a base da incomprension do proceso revolucionario que teñen os compañeiros do MAI coa Revolucion de Nova Democracia no Nepal. Eles teñen o mesmo comportamento dos 28 Bolcheviques e 1/2. Non aprenderon da historia, da dialectica e só pensan como dogmaticos sen vida propia.
    Os compañeiros do MAI teñen que tratar urxentemente esta enfermedade pois corren un serio perigro de morrer como fosiles aillados da realidade o na mesma trincheira da reaccion imperialista.
    April, 2006

    Francia a gran batalla

    O contrato lixo de Villepin, de a dereita deslocalizadora, ten desatado unha importante batalla, sen duda de clases (Non desapareciera a loita de clases co fin da historia?) Millons de traballadores, estudantes, funcionarios.... teñen dito con total claridade que non van a aceptar tal contrato.
    Os politicos burgueses fan ouidos sordos dende o premier, seu competidor ou o Eliseo. Non todos...... pero por canto tempo?
    As cupulas sindicais tratan de amagar o descontento sen convocar unha folga xeral apostando por xornadas nas que dia a dia son mais os sectores que participan, saben que non poden hacer como dos da España borbonica pois  poden ser barridos polos jacobinos.
    No marco da Unión Europea, unión dos explotadores para repartirse aos explotados, ten moita importancia esta loita e probablemente marque un antes e un despois. As caidas dos gobernos anti-populares parecen cousas do terceiro mundo, Bolivia, Ecuador... pero é asi ?
    Non esquenzamos que la France é a cuna da revolucion burguesa e da indolora guillotina.
    A soberbia do poder pode desencadenar un novo maio .
    April, 2006

    Eleccions veciñais en Monte Alto

    "A primeira derrota de Losada" declaraba euforico o conselleiro do bloque Manolo Monge comentando o resultado da loita electoral na Asociacions de veciños/as de Monte Alto da Coruña.
    Unha lista encabezada por unha amiga persoal do antigo alcalde Vazquez foi derrotada ampliamente polo movilizado voto do BNG (122 a 22). O gañador e susesor do inefable Concheiro, un rapaz apelidado Penas dixo que sempre han convocado aos veciños. Alguns destes comentaron con sorna "enton nos devemos de ser de outra asociacion" pois nunca foron convocados a nada mais que as rituais xuntas anuais dunha democracia formal para aprobar gastos e escoitar discursos sobre o ben que o facemos.
    O control do movementos de masas polo BNG entendese, para estes aprendices da nomenklatura sovietica, como un xeito sectario. Como un feudo neste caso de veciños sen veciños. como unha democracia formal de votar e marchar (ao paso que eles marcan, claro).
    Baixo estes preceptos, nunca mais renacera o movemento veciñal como expresión da participación do povo nos intereses de seu barrio.
    Fanlle un grande favor a burguesia na sua laborura de desmovilizar ao povo. Mais parece, e ainda non coñezo os votos en branco, que pode xurdir unha nova oposición no barrio da Torre que necesariamente tera que enfrontar eses modos, anti-democraticos e sectarios, co sentir dos veciños e a sua movilizacion.

    O xeral Jaruselsky e o comunismo

    Di a prensa destes dias que o que o actual governo polaco quere xusgar ao xeral Jaruselsky por crimens comunistas. Descoñezo se na lexislacion da Polonia de Woitila e Walesa existe no codigo penal tal delito e mesmo en que consiste.
    O citado xeral protagonizóu un golpe de Estado, nos anos 80, quel mesmo definiu como o unico medio para salvar a Polonia da invasion sovietica. Non foi para salvar o socialismo na terra de Chopin, cousa moi dificil posto que non existia, se non mais ben para evitar a invasion dos social-imperialistas de Breznev.
    Todo esto soa a sainete, a traxica comedia e penso que inscribese nesa ola anti-comunista que alguns queren crear na Europa actual. Porque sinon por que xusgar a un ancian de 82 anos xusto agora e por crimens comunistas?
    Polonia e outros antigos paises con governos revisionistas teñen hoxe unha das tasas de explotacion da clase obreira mais altas da Europa, con salarios baixisimos e longas xornadas de traballo. O sindicato confesional "Solidaridade" esta totalmente desacreditado entre as masas polacas, as que pretenden entontecer co consumo eo fanatismo catolico, o mesmo ocurre co governo que no seu afan "europeizador" apoiaba entusiasmada a chamada directiva Bolkestein.
    Querran co xuizo a esta reliquia do revisionismo, xusgar a o comunismo? Cal ? se nunca esistiu na Polonia, toda de pan de hostias.
    March, 2006

    Mao según Berlusconi

    El neo feixista premier italiano Silvio Berlusconi, afirmó nun mitin eleitoral que na China de Mao se mataban nenos para abonar a terra. Cita como fonte o "libro negro do comunismo" del cal non recordo o nome do autor ainda que presumo que debe ser un refrito colectivo dos asesores do Pentagono.
    O grosero de tal patraña ten obligado ao mesmos revisionistas chineses a protestar ante indignación da poboacion.
    Estas inventivas, por disparatadas que sexan, forman parte dunha camapaña anti-comunista que tense desatado na Unión Europea polos sectores mais reaccionarios coa proposta no seu Parlamento para condear o Comunismo como un totalitarismo criminal en igualdade co feixismo. Sen duvida os imperialistas da UE estan artellando un escenario que criminalice a contestacion do proletariado na Europa ( canto tardara Villepan en acusar aos manifestantes franceses de axitadores comunistas ?) e desacredite a sua ideoloxia, por lo que non é casual o ataque ao maoísmo.
    Afirmar que na Republica Popular China matabanse nenos e unha patraña que calquera que coñeza as transformacions da realidade semi-feudal da vella China consideraria ridicula e moito mais se ven avalada polo citado libro negro, libelo coa mesma credibilidade "Dos protocolos dos sabios de Sion".
    Discipulo do Dr. Goebbels, coñecedor da fuerza das patrañas parece esquencer como remato seu maestro ou seu adorado Duce. Xusto a mans de combatentes comunistas.
    Sera unha casualidade ou querran facer santo a D. Benito?
    March, 2006

    Falando da Revolución Proletaria

    Lenin definió a etapa do imperialismo como o da Revolucion Proletaria e actualidade revolucionaria do Manifesto Comunista é evidente, mais parece que na Europa sempre hai razons para aplazar a mesma. Pero realmente hai razons? o son simples escusas reformistas ou un analise errado da contradiccion principal.
     
    Os revisionistas que teñen abandonado toda intencion de Revolución, ainda que no seu discurso demagoxico moito falan dos procesos politicos que eles califican como revolucionarios, nos que moitas veces un analise riguroso descarta tal denominacion e presentan a nosa realidade como transformable por medios reformistas. Para eles o Capitalismo o Imperialismo, nas potencias imperialistas, desapareceran en medio das reformas !!!  A historia di todo o contrario suliñando o caracter profundamente contra-revolucionario e violento das burguesias europeas e a burguesia española ocupa un posto destacado.
     
    Unha vangarda revolucionaria partira dun analise real da formacion social, dunha clara definicion dos blancos da Revolucion e polo tanto do seu caracter.
    Un errado analise  pode levar a considerar unha contradiccion secundaria como principal polo que todo o esforzo dos revolucionarios naufragara no oportunismo.
     
    No Estado español, multinacional, moitas veces se teñe presentado a cuestion das nacionalidades como a contradiccion principal dun proceso revolucionario. Pero é verdadeiramente esta contradiccion a clave?  Penso que a resposta necesariamente dende o marxismo é non. Na Europa capitalista e imperialista a contradiccion principal enfronta ao proletariado coa burguesia, esto é a Revolcuion Proletaria
    A cuestion nacional é unha importante contradiccion que só no marco dela pode ser resolta. E aclaro estou falando, dun xeito revolucionario pois tamen pode ter unha saida burguesa na que podese conquistar a independencia no marco do capitalismo, como exemplo o caso de Irlanda ou Finlandia.
    Estou falando dende a realidade da Europa capitalista, a nosa realidade ! Compre telo moi en conta, pois parte de ese discurso errado ven de situar a cuestion nacional na Europa como unha loita de liberacion colonial. A formacion social das colonias non semellase para nada a da dos povos o nacionalidades oprimidas na Europa.
    Tomemos o exemplo do Estado español.
    Apoderosa burguesia vasca  pode ter contradiccions coa española mais domina é explota non só aos vascos si sino tamen ao resto das clases populares do Estado, e o mesmo caso da catalana. Na Galiza a burguesia galega esta plenamente integrada do proiecto centralista español ou mesmo mundial (Zara).
    A liberacion destes povos  non pode vir da man dun proiecto nacional burgues ou mesmo republicano federal só pode vir da Revolucion proletaria.
    Ben agora escomenza o debate......
    Saudos vermellos
    March, 2006

    665.544.00 Ptas (4.000.00 €)

    MENSUAIS
    Eso é o que gañaran dende a suba a porta pechada os diputados ao parlamentiño.
    Non é de estrañar que se maten na confeccion das listas partidarias.
    Agora ben ao conxuto dos cidadans parecenos unha mofa noxenta cando dende esas mesmas instancias falan recortar o gasto publico ou suben o salario minimo 7 €.
    Galiza non ten, non porque non teña competencias, ningun salario social o axuda para os parados, noutras comunidades existen baixo todo tipo de formulas, o chamado Servizo Galego de Colocacions actua como o INEM estatal o que é o mesmo non actua. Agora eso sí o Bipartito (o Bipartido) aproba a suba amparandose na independencia da camara. Os Sres e Sras. diputados do BNG e do PSdG. poden renunciar a ela, seria un xesto de austeridade, demagoxica sicais, pero al cabo un xesto solidario cos milleiros de parados na Galiza e no Estado.
    March, 2006

    Morte en La Haya

    A morte na cadea en estranas circunstacias do ex-presidente yugoslavo Milosevic plantexa un grave problema para a xa de por si mermada respetabilidade do tribunal internacional para crimens na Yugoslavia.
    Ainda que teñamos unha vision critica da figura de Slodoban Milosevic, cruel lider nacionalista serbio e para outros dirixente de esquerda, o certo es que este home se convirteu no chivo espiatorio dunha guerra cruel de reparto dos balcans polas potencias, principalmente Alemania, na que habian moitos cirminanaes como o presidente croata Tuchman.
    O Tribunal Internacional tiña a responsabilidade de velar pola sua saude como prisioneiro que custodiaba ao marxen dun faio que nunca xegou. A fiscal Carla del Ponte prohibio sua saida a tratar a sua doenza cardiaca a Rusia, agora tera que esplicar que coidados tiña este prisioneiro enfermo.
    Todo foi unha gran farsa e remata como é.
    March, 2006

    A saida vaticana

    Nestes dias na Coruña marca a actualidade as tolerias de Vazquez e seus cotidians e derradeiros (espero) esperpentos coruñeseros.
    O sorpresivo da decision de abandonar o cargo municipal polo posto do Vaticano esta chea de interpretacions. As revelacions da trama financieira e empresarial da sua familia e achegados non parecen suficentes para esta decision. 
    É realmente unha maniobra para non perder as eleccions ? É unha ofrenda a un pacto post-eleitoral co BNG ?
    De calquer maneira unha nova etapa post-Vazquista iniciase na cidade, e na loita polo poder municipal entre os diversos sectores da oligarquia financieira e especuladora.
    Quen representará os intereses do povo?
    Saudos vermellos... e ciao caiman.
    March, 2006

    O Maoísmo

    Vou a intentar describir a importancia historica do Maoísmo como terceira etapa
    do M-L.
    O maoísmo foi nos seus comenzo a aplicacion concreta e correcta do Marxismo-Leninismo as condicions concretas da Revolución chinesa, mais dada a complexidade deste proceso revolucionario foron moitos os problemas tanto políticos como militares que tiveron que dar resposta baixo a luz do materialismo dialectico seguindo as enseñazas de Lenin e de Stalín
    A Revolución China que corvirtouse nun grand laboratorio de ideas e practicas dos comunistas. Lonxe de practicar o erro do seguidismo que impulsou, en determinados momentos, a propia Komintern a direccion chinesa presidida por Mao impulsou unha grande marcha adiante que situara a Revolcuion chinesa no mesmo nivel da sovietica dirixida por Lenín e os bolcheviques.
    O camarada Mao Tse-Tung e seus camaradas  do PCCH  tiveron que loitar duramente contra liñas oportunistas tanto de "esquerdas" como de dereitas no seo do Partido e mesmo contra a incomprension dos dirixentes da Komintern. A Loita de liñas, e mesmo sua existencia, foi negada dun xeito anti-dialectico na  URSS.   A loita contra o oportunismo troskista desenrrolou unha errada posicion sobre o caracter monolotico do Partido, que negaba de a dialectica e situaba os erros sempre fora do partido e producto de comspiracions. Practica errada recollida pola Komintern e que xenerou e xenera ainda graves problemas en diversos procesos revolucionarios.
    Mais la practica da liña vermella do Mao foi probada pola victoria da Revolucion en 1949.
    Este proceso revolucionario pola sua complexidade supuso no só unha nova victoria revolucionaria sinon tamen novos analises e sintesis da loita nos paises semi-coloniales e da guerra popular revolucionaria como teoria militar do proletariado
     
    O Maoísmo terceira e superior etapa do Marxismo.
     
    A definicion  como segunda etapa del marxismo do Leninismo,  deuse no marco  dun puxante Estado proletario e a  primeira revolcuion proletria triunfante. Esto significó que ninguen cuestiono esta acertada decision da dirixencia bolchevique no MCI e soio os revisionistas da II internacional socialdemocrata calificaron de erroneo este desenrrolo.
     
    As condicions da definicion do Maoismo como terceira etapa danse nun periodo caracterizado polo retroceso do MCI que represento o triunfo do revisionismo e da restauracion capitalista nos Estados proletarios. Só os partidos comunistas que  mantiveronse  na defensa de la revolucion e da ideoloxia proletaria tomarian esta decision.
    Os principales desenrolos do M-L, dun xeito resumido foron:
     
    No eido militar :
     A estratexia e tactica da Guerra Popular prolongada de aplicacion universal.
     
    No eido filosofico:
    O analise das contradiccions (o alma da dialectica en palabras de Lenin) seus tipos  e carcteristicas.
     
    No eido politico:
    A construccion concentrica do Partido.
    A defensa do camarada Stalin como defensa do Leninismo.
    A denuncia y profundización da critica do revisionismo na URSS e da restauracion capitalista.
    A Teoria e practica da Grande Revolucion Cultural Proletaria,  teoria da continuacion da loita de clases no socialismo e sua solucion por medio da mesma.
     
    Estas son suas principaes aportacions ao pensamento proletario que non difieren do Leninismo ni do Marxismo senon que o desenrolan en novo tempos e novas condicions. 
    A negacion do maoismo encubre a negacion do desenrolo da dialectica como pensamento e semella aos ataques ao camarada Stalin feitos por Kruochev.
     
    Continuara....