Miguel's profileRevolución CulturalPhotosBlogLists Tools Help

Blog


    June, 2006

    Especulacion en Monte Alto

    O barrio de Monte Alto esta a sufrir un ataque xeneralizado dos buitres da especulacion inmobiliaria. En concreto a zona da rua Orillamar é agora o centro dun forte debate no barrio.
    As molestias ou imcumprimento das normativas municipaes e de seguridade nesas obras, a sua critica e denuncia non pode nin debe ocultar o fondo politico, o fondo de loita de clases desta situacion. Monte Alto pola sua situacion xeografica, rodeada polo mar, as praias o equipamentos, museisticos e de lecer, esta sendo  e codiaciado e asaltado para convertilo nun barrio de Yuppis, nun barrio burgues ! 
    Os especuladores non dubidan en ameazar aos veciños para que vendan o mal vendan para lograr seus fins e todo esto co silencio complice do Concello.
    As normativas se vulneran e incumpren a vista de todos e evidente mais esto só podese entender como feito politico, nunca como unha cuestion tecnica, allea a loita de clases.
    Dito con claridade, os ricos queren botar aos traballadores de seu barrio para quedarse con el.
    Non éunha loita puntual, é unha loita estratexica no reparto da cidade e por tanto temos que movilizarnos para ela coas ideas claras.
    A Asociación de veciños, dirixida polo BNG pode xogar un papel importante nesta loita  na medida que asuma a importancia estratexica da mesma senon xogara o papel de apagafogos ao que nos ten acostumbrado o "movemento veciñal" ainda que queran desmarcarse de Folgueira.